A falta de transparencia do ministerio para a Transición Ecolóxica -que non fixo público o borrador do Plan Nacional de Restauración (PNR) que debería presentar hoxe, martes, á Comisión Europea, é criticada por organizacións ecolóxicas coma Oceana, que teme que o plan non inclúa medidas dabondo ambiciosas nun momento no que as augas españolas se enfrontan a ondas de calor mariña cada vez máis frecuentes e intensas. Investir na restauración dos ecosistemas mariños e costeiros é fundamental para a melliora do seu estado de conservación e a súa resiliencia ante a crjse climática.
Ao longo dos 22 meses do proceso de participación, apenas se facilitou información sobre as medidas mariñas cocretas contempladas no PNR e que deixou aos expertos e á sociedade civil sen coñecer as propostas que teóricamente vai presentar España. No que atinxe aos hábitats mariños, competencia do Goberno central, , o ministerio citado tentará xustificar esta falta de transparencia alegando que o PNR seguirá pendente de validación por parte doutros ministerios implicados na súa elaboración.
En decembro de 2025, o Goberno anunciou un Pacto de Estado ante a Emerxencia Climática cun plan de dez puntos que incluía medidas para avanzar na protección do océano dado o seu papel na mitigación dos impactos das ondas de calor e os anegamentos costeiros.
O Plan Nacional de Restauración é fundamental para cumprir os obxectivos do Pacto polo Clima e permitir que a Natureza se recupere será máis rendible -sinala a cientlfica sénior de Oceana en Europa, Helena Álvarez- que asumir os custes da degradación ambiental e económica que provocará a crise climática.
É moi necesario un plan ambicioso para que España reforce a resiliciencia das súas zonas costeiras e afronte a consecuencia climática. Esto, á súa vez, contribuiría a garantir o futuro da pesca e das localidades que dependen do mar.
A restauración e protección efectiva dos hábitats marilños degradados pode aumentar a resiliencia dos ecosistemas, mellorando a súa capacidade para afrontar as ondas de calor mariñas cada vez máis severas e a outros fenómenos meteorolóxicos extremos.
Oceana mantén que a restauración pasiva no mar, mediante zonas de actividade extractivas é a maneira máis rendible de restauración mariña e debería ser unha prioridade no PNR. Oceana xa presentou propostas concretas baseadas na evidencia científica que o Ministerio para a Transición Ecolóxica pode Incorporar ao Plan, entre elas as recollidas no seu informe. Este identifica 50 áreas prioritarias nas que debera aplicarse a restauración pasiva para recuperar pradairos mariños, bosques de algas e hábitats esenciais para especies ameazadas. Estas zonas de non extración representan actualmente moito menos do 1% das augas españolas. Crear máis destas zonas permitiría a España avanzar cara ao cumprimento do seu compromiso de protexer estritamente o 10% das súas augas para o ano 2030.
O Regulamento sobre a Restauración da Natureza estioula que os Estados integrantes da UE deben presentar á Comisión Europea os seus borradores de plans nacionais de restauración antes do 1 de setembro do 2026. A día de onte nada se sabía ao respecto por parte española.
