“Falemos do polbo galego, dicindo a verdade”

  • Print

 

 

 

 

 

Antón Luaces

14 Agosto 2026
 

Teño un bo amigo que, para min, leva nas veas máis salitre que sangue.  Vou gardar, co permiso do lector, o seu nome, porque facelo público sei que, no fondo, non lle prestaría ningún favor. Pero si podo asegurar que canto el e mais eu temos falado -que é moito- do mar e o que este nos da, sería o mellor “catecismo” que podería ter caído en poder dos mariñeiros galegos (e non ten máis relixión que aquela que provén da súa inmensa fe na preparación destes mariñeiros e os seus mandos). 

Abofé!.

Isidro (nome ficticio) foi mariñeiro de cuberta, actividade que desenvolvía desde os catorce anos, sempre a bordo de embarcacións da familia; pasou por tódolos traballos -que non son poucos- que un mariñeiro de cuberta debe realizar. Traballou a distintas modalidades ata chegar á máxima responsabilidade a bordo dun pesqueiro: patrón.

 E sen sendo patrón, preparou a distintas xeracións de mariñeiros, contramestres e patróns, Nos barcos que mandou sempre houbo remuda xeracional. E dos seus barcos saíron profesionais que nunca quedaron en terra por falta de traballo. Isidro está vivo e que sexa por moitos anos. E ten unha teoría da que ninguén, ata o de agora, o desmontou: hai especies cuxa vida é cíclica, entre elas a sardiña, o xurelo, a anchoa, o polbo… E o galego, afirma solemnemente, é o mellor do mundo polo que come para se alimentar: marisco. 

E pon un exemplo: o polbo galego ten os seus reinos en augas atlánticas -por exemplo de  Corrubedo- e da Arousa toda pero especialmente o das pedras de Castiñeiras. Ambas as dúas parroquias do concello arousán de Ribeira. 

Pode o lector corrixir a afirmación de Isidro?.