“Quen manda no PP: Feijoo ou Ayuso?”

  • Print

 

 

 

Antón Luaces

07 Xullo 2026

O actual presidente nacional do PP, Alberto Núñez Feijoo, fai súa a lei do concibido impulsada pola presidenta da comunidade madrileña, Isabel Díaz Ayuso. Esta asunción dunha lei cando menos moi contradictoria, ten un referente: Feijoo, daquela presidente da Xunta de Galicia, anunciara que daría pulo a esa norma a njvel nacional se chegaba á Moncloa. 

Este luns, Alberto Núñez Feijoo reivindicou que el xa dera ese paso en Galicia no ano 2011, salientando daquela que, de chegar á Moncloa, implementaría a medida a nivel nacional.

A norma -duramente criticada nos partidos da esquerda e organizacións de carácter feminista   e de defensa da muller- ten como obxectivo  “asimilar ao concibido non nacido ao fillo xa nacido” a efecto do recoñecemento daqueles beneficios e dereitos que, no ámeto da Comunidade de Madrid, se deriven da exstencia de fillos xa nacidos e, en particular, de ostentar a condición de familia numerosa”. Esto significa que desde que unha muller está embarazada, se considerará que xa ten un fillo e contará coma tal á hora de solicitar calquera axuda ou prestación que dependa da Comunidade de Madrid (ou do Estado español se, como afirmara Feijoo, chegara un día a ser presidente do Goberno. 

Iso sí, só se aplicaría se mediante esta asimilación a familia obtén “un maior beneficio”.

Para solicitar este beneficio, deberáse presentar un informe médico actualizado no que conste a identificación do médico e o número de colexiado, que certifique a semana de xestación e a data prevista para o parto.

O anuncio de Feijoo asimila unha lei como a de Ayuso para que os non nacidos conten á hora de recibir axudas. 

Circunstancias paralelas ou ir un paso por detrás do/a outro/a?.