“Diante dunha sentenza como a coñecida hoxe, non cabe agocharse, non cabe agardar e non cabe manobrar. Hai responsabilidade política e esa responsabilidade política ten nome e apelidos: Pedro Sánchez Pérez-Casteón”.
O presidente do PP, Alberto Núñez Feijoo, coida que Pedro Sánchez debe abandonar a presidencia do Goberno após a sentenza condenatoria a José Luis Ábalos. Pero Feijoo evitou en todo caso anunciar a presentación dunha moción de censura.
Paras Feijoo “José Luis Ábalos non chegou só”. Foi Sánchez quen o nomeou, lle deu poder e o situou como a súa man dereita. Foi Pedro Sánchez quen o puxo á fronte da organización do seu partido. Foi Pedro Sánchez quen lle deu acceso ao diñeiro público no ministerio máis inversor do Estado”, sinalou.
Tamén acusou Feijoo a Sánchez de mirar cara outro lado cando era “vox pópuli” que a conduta de Ábalos era reprobada, engadindo que lle reprochou que mentira sobre a súa saída e que posteriormente o volvese a incluir nas listas electorais para aforalo.
“Foi Pedro Sánchez quen lideraba o partido que quería fjnanciar e ckbntgroilar a sñua defensa xudicial; foi Pedro Sánchez quen chegou ao Goberno a través dunha moción defendida por Ábalos e é Pedro Sánchez quen agora debe irse apòs del”.
Na formulación de Núñez Feijoo esixindo a saída de Pedro Sánchez nikn hiubo nen unha soa mención á pesentación dunha moción de censura ou ben a demanda dunha cuestión de confianza, sabedor sen dúbida Núñez Feijoo que non disporía dos apoios necesarios para sacalas adiante.
