“Rescatados sans e salvos os once tripulantes dun pesqueiro francés a 10 millas da costa coruñesa”.

  • Print

 

 

 

 

21 Setembro 2025

 A. Luaces

Os once tripulantes do pesqueiro Ray Primero foron trasladados na mañá deste domingo desde un punto a dez millas  da costa coruñesa  despois de que emitira un Mayday VHF 16 dando conta da existencia dunha vía de auga que non podían controlar e que, diante da posibilidade de que o buque afundira, deran orde de abandonar este e pasar á balsa salvavidas. 

Salvamento Marítimo

O Centro de Coordinación de Salvamento Fisterra mobilizou o helicóptero Helimer 402, as embarcacións Salvamar Betelgeuse, Altair e Shaula, así como o buque Duque de Ahumada da Garda Civil. Pouco despois das catro da mañá, o Helimer 402 rescatou da balsa á totalidade da tripulación en aparente bo estado de saúde, trasladándoos ao aeroporto de Alvedro onde foron atendidos para valoración médica do seu estado.

O pesqueiro, con vía de auga, permaneceu á deriva sen ninguén a bordo, escoltado pola Salvamar Betelgeuse e o buque María de Maeztu.

O Ray Primero, de bandeira francesa, ten base no porto de Lorient e foi construido no ano 1988. Foi remolcado ao porto da Coruña sen novidade após labores de achique obrigadas pola vía de auga ocasionada durante a noite pasada, probablemente arredor das tres da mencida.