“Traballar, cantar e axudar, tres verbos para as cantareiras no seu Día de Galicia”. Antón Luaces 17 Maio 2025 Xa. Chegou o día do recoñecemento a un traballo colectivo co que a sociedade agraria galega, nomeadamente a feminina, poñía remate nas aldeas

  • Print

 Antón Luaces

17 Maio 2025

Xa Chegou o día do recoñecemento a un traballo colectivo co que a sociedade agraria galega, nomeadamente a feminina, poñía remate nas aldeas a labores propios dunha veciñanza que o compartía todo: dende a labranza á esfollada, pasando polas palleiras ou a roza. 

Deste labor conxunto naceu -como pasou cos cantos de arada- a pandeirada e, consecuencia do canto e o baile deste nome, as pandeireteiras. 

A estas adica a Real  Academia Galega este 17 de maio, Día das Letras Galegas, como recoñecemento a ese labor non sempre valorado e moitas veces nada tido en conta, cando non criticado  porque o xeito de cantar das cantareiras/pandeireteiras inducía a pensar máis na desafinación (ou o non saber cantar) que no que aquel significaba.

Xuntarse para traballar, compartir o xantar e, sempre, sempre, rematar cantando. Falamos de tradición, falamos dunha Galicia antiga que a de hoxe tenta non perder. 

Mulleres que aportaban á música e ao baile cunchas, latas, pandeiretas, sellas, pandeiras, triángulos, sachos (en definitiva, percusión) que no século XXI están vixentes grazas ao labor recompilatorio de mulleres que, coma Mercedes Peón, souberon revivir polavilas, ruadas, etc., que se transmitiron dunhas a outras xeracións e mesmo grazas a festivais e certames celebrados en toda Galicia por asociacións culturais ou cidadáns que non permitiron que se perdera un aspecto tan importante da nosa cultura popular da que tamén ten conta a RAG, coma este ano se evidencia. 

Da aldea de Mens, concello de Malpica, saiu nos anos 70 do século pasado, a incorporación a “Aturuxo” (agrupación folclórica coruñesa) un grupo de pandeireteiras que ofreceron en Europa e América varios concertos e, con “Milladoiro”, a xira do décimo aniversario deste grupo internacional.

Leilía, Xiradela, Faltriqueira, Tanxugueiras e outras sinaladas pandeireteiras marcan hoxe o ser destas -que inicialmente conformaban catro mulleres- as que compre tributar homenaxe nun dos días grandes da nosa terra, Galicia.