“Defender o mar tamén en Europa”

  • Print

 

 

 

. Antón Luaces

18 Xullo 2024

Altri, a multinacional portuguesa que pretende instalar no concello lucense de Palas de Rei unha industria de celulosa, nega calquera posibilidade contamiñante derivada desta actividade.  E a Xunta de Galicia, como tantas veces, cala. E cala cando o fragor da protesta contra tal medida vai a máis entre os traballadores do mar que se senten e saben perdedores nesta liorta de intereses políticos e económicos.

Mentres ducias de barcos bateeiros se concentraban o martes pola tarde na ría de Arousa para facer chegar a súa negativa á instalación en Palas de Rei da fábrica de Altri -empresa lusa de fabricación de fibras téxtiles- a veciñanza do concello lucense ía constatando sen sorpresa o resultado das elecións ao Parlamento de Europa celebradas o domingo, 9 de xuño. Porque, para o dicir de vez, sabíase que as proclamas contrarias a Altri non  expresaban realmente o que o pobo sentía. Ou por falar aínda máis claro: a maioría dos habitantes de Palas concordan, erróneamente ou non, cos postulados da empresa e, obviamente, os da Xunta que preside Alfonso Rueda: eles sí defenden a instalación en Palas do complexo industrial de Altri.

Así se tira do resultado acadado nesa cita electoral domingueira, tendo en conta que había a convinción de que Palas de Rei empregaría o seu voto ao Europarlamento para ratificar ou non a formulación favorable do gobernó galego a esa instalación fabril que para nada apoian, por exemplo, os mariñeiros arousáns, escaramentados de vertidos e prexuizos que lles afectan negativamente (por máis que Altri e a Xunta digan o contrario).

O escrutinio dos votos emitidos en Palas evidencia que o PP acadou o apoio do 60% dos electores.

A protesta na Ría foi promovida pola Plataforma en Defensa da Ría  e a asociación Ulloa Viva.

Quen está errado?.