Non chego a comprender como esperta indignación e malestar en certos sectores políticos e sociais, cando se trata de conmemorar o aniversario da morte do ditador, Francisco Franco ou o medio século de traxectoria democrática en España.
Hai certas preguntas que aínda parecen tabú e difíciles de responder para certas formacións políticas da dereita e extrema dereita en España.
Franco, foi un ditador…?, si.
Durante a ditadura militar houbo miles de asasinatos políticos…?, si.
É necesaria a Memoria Histórica para saber e recoñecer aos inocentes asasinados vilmente, polo réxime franquista…?, si.
A ditadura franquista foi nefasta para España e os españois…?, si.
Os herdeiros do franquismo terían que pedir perdón aos familiares dos asasinados, polos seus ideais…?,