“Galicia ten un Plan contra os asolagamentos: o INUNGAL”

Antón Luaces

12 Novembro 2024

Dende a súa aprobación no ano 2001 e xa coa segunda revisión do mesmo, Galicia dispón dun Plan Especial de Protección Civil contra os Asolagamentos (INUNGAL) que afecta especialmente a 51 concellos da comunidade autònoma. Estes municípios teñen a obriga de elaborar e redactar o plan municipal para este risco.

Outros 45 concellos galegos están considerados como de “recomendable” utilización do citado plan.

Deste xeito, na província da Coruña son 15 os concellos que teñen a obriga de dispor dun plan, e 22 nos que este se recomenda. No caso da provincia de Lugo son 9 os obrigados e outros 9 os que o teñen recomendado. Na de Ourense, 13 obrigados e 2 recomendados e, na província de Pontevedra, 14 os municipios obrigados e 12 con recomendación de o ter.

A función principal do Inungal é establecer a organización e procedementos de actuación dos recursos e servizos cuxa titularidade corresponde á Xunta, e os que poden ser asignados a esta por outras administracións, co obxectivo de minimizar os riscos nas zonas anegadas ou prever ou reducir no posible os accidentes e os danos ocasionados mediante a mobilización de medios de evacuaciòn e de asistencia sanitaria e de lugares de aloxamento para os evacuados, así como de mecanismos de restauración das vías de comunicación e servizos básicos afectados.

Este plan dispón de estudos de riscos por anegamentos costeiros, fluviais e pluviais, incluindo asimesmo os elaborados polos organismos da conca. Engade, en base ao nivel de risco, cales son os concellos que deben ter un plan de actuación municipal fronte a estas incidencias.

Cinco son os capítulos que estruturan o plan: fundamentos, análises de riscos, estrutura e organización, operatividade e implantación e mantemento. Este último recolle as accións a desenvolver para que o documento sexa operativo e coñecido por todos os recursos que deben intervir na emerxencia. Unha vez implantado, o plan pasa á fase de mantemento da operatividade coa fin de permitir que as actuacións previstas permanezan vixentes. 

O Inungal establece conxuntos marco de coordinación dos servizos de emerxencias para diminuir os riscos e reducir as consecuencias negativas dos asolagamentos.

O Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia mantén actualizados os procedementos de actuación ante alertas hidrolóxicas e meteorolóxicas . Do mesmo xeito, a Xunta mantèn a mesma coordenación e planificación no que atinxe aos protocolos de intervención costeira cos catro organismos da conca co obxectivo de garantir a eficacia dos seus plans de xestión. 

O 18 de outubro deste ano, a Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes publicou o Plan Especial de Protección Civil ante o risco de asolagamento en Galicia (Inungal) que estará disponible na Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, así como nas dependencias dos servizos de emerxencias dos departamentos territoriais.

O coñecemento deste Plan é esencial para o caso de que na comunidade autónoma se producira unha emerxencia de características semellantes ás que, vai anos, se produciron en Padrón, Carballo, Cuntis, Caldas e outras vilas do interior pola enchente